Rescatado un can no río Anllóns (Vídeo)

por Óscar de Souto

Hoxe, luns 30 de outubro de 2023, a altura da Ponte de Ponteceso na rampla da praza do Recheo un can pequeno e amarelo lanzouse o rio coa intención de atravesar a nado ata Cabana de Bergantiños mais percatámonos que polo outro lado non ten ramplas nin saídas polo que un veciño de Pazos , O. M. , decidiu intentar rescatar o cadelo.

O non soportar a corrente e achegarse o paseo logrou subilo a terra firme e, unha vez no paseo, logramos atalo e chamamos o 112. En breve achegouse ata o lugar do suceso o coordinador en xefe do GES de Ponteceso e un membro de Protección Civil que comprobaron que non tiña o microchip e non se atopaba en boas condicións. O can, a pesar de ter colar e un anaco de cadea metálica gastada tiña síntomas claros de pulgas e estaba moi asustado. Deciden entón chamar a Protectora de Zas, pois fai só dous meses que entra a colaborar co Concello de Ponteceso e faise cargo destes casos.

Según nos comenta o membro do GES de Ponteceso a Protectora de Zas intentará atopar o dono mediante fotos, daranlle aloxamento, comida e desparasitarano e faranse cargo del. Agardemos que este rescate canino remate con final feliz e apareza o dono ou atopen algunha solución para o animal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario