Alfonso Rueda participará xunto a Elena Candia na tradicional pulpada do PP da provincia de Lugo

por Redacción Lugo

O encontro celebrarase este domingo, no hotel Torre de Núñez, a partires das 14:00 horas

Un ano máis, o Partido Popular da provincia de Lugo, reunirase para celebrar a tradicional pulpada de San Froilán que, nesta ocasión, contará coa participación do presidente do PPdeG, Alfonso Rueda. O líder dos populares galegos non quere deixar pasar así a oportunidade de acompañar, un ano máis no tradicional evento, á presidenta provincial, Elena Candia, aos distintos representantes da formación a nivel local, autonómico e nacional, e, sobre todo, aos centos de asistentes que se darán cita este domingo, 5 de novembro, no hotel Torre de Núñez.

O evento desenvolverase a partires das 14:00 horas e  tanto Alfonso Rueda como Elena Candia intervirán ao comezo da xuntanza.  Dende a organización prégase que cada asistente leve a súa tarxeta que, previamente, ten que retirada na sede o PP lucense, abonando o importe estipulado.

Trátase, segundo afirma a máxima dirixente dos populares lucenses, “dun encontro de confraternidade para compartir impresións entre todos e desfrutar do que é o PP da nosa provincia, un partido unido no que os valores que nos caracterizan están máis presentes ca nunca e que teñen no noso líder galego o  seu maior embaixador”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario