Elena Candia agradece que a Xunta valide avanzar na nova Comisaría no edificio de Obras Públicas

por Redacción Lugo
  • Trala reunión mantida co Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos López  eloxiou a visión de cidade e a capacidade de planificación de Elena Candia e amosou o seu apoio á proposta dos populares para facilitar os espacios de titulariedade da Xunta ao Estado para que dispoña do inmoble completo do edificio da Ronda, número 131, para acondicionar a nova Comisaría da Policía Nacional.
  • Hai que lembrar que a Xunta é a titular do a 4º e o 5º andar, cunha superficie de 160 e 546,67m2 respectivamente. Dende hai anos, que ambos pisos están baleiros e non hai previsión de que se necesiten estes espazos.
  • Na primeria, segunda e terceira planta do Edificio de Obras Públicas hai oficinas con servizos que dependen do goberno central (costas, confederación, telecomunicacións e obras públicas) e que se poderían trasladar ao edificio da actual Comisaría da rúa Chantada cuxo propietario é tamén o Estado
  • Unha vez baleiro o edificio enteiro de Obras Públicas se podería reconverter na futura comisaría da Policía Nacional resolvendo os problemas de espacio que teñen na actual sede, e desbloqueando unha vella demanda do persoal
  • A proposta do PP dá resposta ao compromiso “de buscar unha ubicación da Comisaría da Policía Nacional na contorna do barrio da Residencia; é unha alternativa sostible e moito máis áxil que a de construír un novo edificio e ademáis non se perderían fondos que hai consignados para este exercicio polo goberno central para reparacións nas actuais dependencias.

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 Comment