Luis Menor afirma que Xantar proxecta “a imaxe de Ourense como destino turístico e gastronómico de calidade” 

por Redacción Ourense

O presidente do goberno provincial participou hoxe, en Expourense, na inauguración da 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, o seu primeiro acto neste recinto como membro do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, en calidade de presidente da Deputación  

A Deputación de Ourense participará este ano en Xantar cunha proposta gastronómica que se vertebra en torno á Vía da Prata, o principal itinerario xacobeo da provincia que atravesa máis dunha vintena de municipios  

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario