Cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente nunha distancia de 200 metros
O Concello da Laracha está a executar o proxecto de mellora da rúa A Cheda, pertencente ao núcleo urbano da capital municipal e perpendicular á estrada DP-1913 A Laracha-Soandres.
A intervención consiste en dotar á superficie de rodadura da vía, dunha distancia duns 200 metros, cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente para favorecer a circulación dos vehículos e reforzar a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Patrimonio, Urbanismo e Obras, Pablo Cambón, desprazáronse ata o lugar das actuacións, onde mantiveron un encontro co director de obra e con veciños residentes na zona.
Este proxecto estará valorado en máis de 36.000 euros e finánciase integramente con fondos propios municipais.