A directiva da Federación Galega de Comercio e comerciantes de Lugo trasladou os representantes do Grupo Popular as necesidades do sector.
- Os populares din que é preciso impulsar un plan de acción permanente cun paquete de medidas de apoio ao sector para concienciar á cidadanía para que nesta campaña de Nadal fagan as súas compras nos establecementos situados no entorno máis próximo
- Os comerciantes, se ben entenden as molestias propias das obras, manifestaron a súa preocupación polos problemas que están supoñendo “os atrasos e a falta de planificación dos traballos que se realizan no casco histórico” e din estar preocupados pola campaña navideña e incluso a de primavera verán, xa que hai moita confusión nos itinerarios de acceso ao recinto amurallado que retrae aos clientes.
- O PP comparte a súa petición de que o concello debe ser unha administración colaboradora e por iso é preciso que se faciliten os trámites burocráticos no concello de Lugo aos emprendedores cunha simplificación dos procedementos e dar unha participación activa ao sector na elaboración de ordenanzas ou de cuestión que afecten ao futuro dos seus negocios.
- Tamén hai que incentivar con axudas aos comercios de barrio tanto aos novos proxectos como aos que xa existen, salvagardando aqueles comercios emblemáticos de Lugo; asemesmo é importante potenciar os produtos autónomos
- No paquete de medidas que o PP consensuou coa Federación de Comercio salienta a necesidade de colaborar dende a administración local coa transformación dixital do pequeno comercio avogando por “axudar ás empresas para que aceleren esta transformación e reforzar a súa competitividade”
- Apoiar a formación continua é outra das necesidades do comercio minorista “é preciso investir en programas de capacitación, asesoramento, formación ou tamén de renovación e modernización de establecementos”
- Á vista da boa valoración por parte da Federación de Comercio dos bonos Activa Comercio da Xunta proporase que a administración local financie campañas colectivas como podería ser a creación de axudas a menores deportistas e alumnado de estudos musicais que beneficiarán a todas as familias luguesas e ao comercio dos barrios
- A proposta é dar axudas de 200 euros para deportistas de entre 6 a 18 anos que practiquen unha disciplina federada e outras, dese mesmo importe, para alumnado de ensinanzas musicais. As primeiras destinaríanse para compra de material deportivo e as segundas para adquisición de instrumentos
MELLORAR SERVIZOS
- Mellorar a seguridade das zonas comerciais, cunha maior presenza policial, e dar solución aos problemas de mobilidade con aparcamentos gratuítos “para os clientes que aporten ticket de compra”; a creación máis aparcamentos disuasorios; e unhas mellores combinacións de autobuses” completan o plan de acción permanente para apoiar a supervivencia do comercio local