O PP pide a cobertura inmediata dos conserxes que están de baixa nos centros educativos de Lugo

por Redacción Lugo

As liortas entre o PSOE, encargado da área de persoal, e o BNG responsable de Educación, deixan sen cubrir as vacantes dos conserxes de colexios de Lugo

No Colexio de Rosalía e no das Gándaras suspenderon as actividades extraescolares das tardes e temen que se queden sen calefacción por falta de mantemento ao non haber persoal.

O concelleiro Javier Vázquez explica que a falta de entendemento entre os socios de goberno está afectando a servizos tan importantes como o mantemento dos centros educativos  lembrando como hai pouco, tamén por falta de persoal, houbo problemas para facer enterros no cemiterio municipal de San Froilán

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario