PSdeG. «A CRTVG gastara 1 millón de euros nunha pantalla xigante que leva 8 meses sen funcionar»

por Redacción Galicia

A parlamentaria socialista Noelia Otero tildou hoxe de “delirio” a compra por parte da TVG dunha pantalla xigante por un importe de un millón de euros que leva 8 meses sen funcionar e mantendo inutilizado un dos principais estudos do ente. Otero interveu na comparecencia do director xeral do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento para presentar as contas do próximo ano.

Criticou a operación para adquirir este dispositivo, que finalmente foi adxudicado a Servizos Integrais Unitecnics, do Grupo Mediapro, e que foi asinada polo director xeral da CRTVG co que era o seu administrador único, o recentemente cesado Jaume Roures. Criticou que os atrasos na posta en marcha da pantalla “non só manteñen sen uso un investimento dun millón de euros, senón que inutilizan o Estudo 300”, onde se emitían os telexornais, o tempo ou o espazo En Xogo.

Advertiu que ademais dos 753.000 euros que custou a pantalla e os outros 300.000 que supuxeron as obras para a súa instalación, a pantalla funcionará asistida por un equipo de expertos alleo á TVG e que será contratado a lo menos durante os primeiros seis meses por un custe de 172.000 euros adicionais.

Lei de Medios

A parlamentaria socialista aproveitou a súa intervención para lembrar o incumprimento flagrante da Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia, que rexe a Corporación da CRTVG e que a próxima semana cumprirá 12 anos en vigor. Criticou o “grao descarado de incumprimento” da norma durante esta etapa na que non foron aprobados nin o Consello de Informativos, nin o Estatuto, nin a remuda da dirección xeral por acordo parlamentario.

Otero criticou as “represalias, traslados forzosos e vulneración dos dereitos fundamentais das e dos traballadores” do ente que levan 5 anos mobilizados nos coñecidos como venres negros para denunciar o nivel insoportable de manipulación política da CRTVG.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario