O GMPP de Lugo pide a reconstrucción da ponte que une Pedreda e Rubiás e que o PSOE prometeu restaurar hai 12 anos

por Redacción Lugo

A concelleira popular Flor Rubinos levará ao pleno de novembro unha iniciativa instando ao Concello e á Confederación Hidrografica a levar a cabo os investimentos necesarios para unir de  novo as parroquias de Rubiás e Pedreda por este punto.

  • Flor Rubinos explica que esta ponte era unha servidume entre ámbalas parroquias indicando que “ao caer este paso a veciñanza vese obrigada a dar un rodeo de case catro quilómetros”
  • Os populares lembran que había un compromiso do anterior alcalde socialista Xosé López Orozco de arranxar esta ponte pero, co cambio da corporación e a chegada da alcaldesa, gardaron nun caixón o proxecto.
  • O malestar dos veciños quedou en evidencia na concentración que protagonizaron esta semana xa que ao estar cortado o paso teñen dificultades para  limpar as fincas, sacar a madeira…
  • O derrube desta ponte provoca problemas de seguridade vial: por un lado porque a maquinaria agrícola que antes circulaba por este paso ten que dar un rodeo e utilizar a estrada de Meira (N640) que non ten vías de servizo e, por outra parte, tamén supón un risco para ciclistas que utilizan esta ruta xa que, ao non estar indicado o corte da ponte, poden acabar no río.
  • Á vista de que as peticións veciñais non teñen resposta nin se lles da unha solución, dende o Grupo Popular anuncia que levarán a pleno a reparación desta infraestrutura: “instaremos a Concello e Confederación Hidrográfica Miño Sil a que invistan o que sexa necesario para recuperar esta comunicación entre as dúas parroquias”
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario