O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu ao concerto inaugural e remarcou o apoio do Goberno de Inés Rey a «unha agrupación que forma parte, por méritos propios, da cultura coruñesa»
A Banda Municipal de Música da Coruña comezou este domingo a súa tempada 2023/2024, na que participarán numerosas figuras solistas, directores e compositores do ámbito local, nacional e internacional. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu ao concerto inaugural e remarcou o apoio do Goberno de Inés Rey a «unha agrupación que forma parte, por méritos propios, da cultura coruñesa».
A cantante e compositora Sandra Calderón protagonizou a actuación da BMMC xunto co clarinete solista Xocas Meijide. A obra máis importante do programa foi ‘El amor brujo’, unha obra fundamental do século XX que interpretou Calderón. Ademais, a BMMC estreou unha obra composta polo vigués David Cuevas que contou coa actuación solista do clarinetista baixo da Banda, Xocas Meijide. O programa completouse con dúas obras máis: ‘Obertura para una gran ciudad’ e ‘Cantares de Galicia’.
Ao longo do ano participarán distintos artistas de renome, apostando por talentos coruñeses e tamén do panorama musical nacional e internacional, tanto do ámbito da música clásica como doutros estilos. Un dos obxectivos do Goberno de Inés Rey coa confección desta programación será a captación de novos públicos ao tempo que afianza a calidade artística da Banda Municipal.
A programación 2023/2024
Ciclo de Outono
- Concerto temporada nº1. 5 de novembro
- Clarinete solista: Xocas Meijide.
- Cantaora: Sandra Calderón.
- Dir: JM Romero
- Concerto temporada nº2. 19 de novembro
- Dir: F. Marinho
- Concerto temporada nº3. 3 de decembro
- Trombón solista: Ximo Vicedo
- Dir: JM Romero
- Concerto temporada nº4. 17 de decembro
- «Concerto de Nadal»
- Solista: Coral El Eco
- Dir: JM Romero
- Concerto temporada nº5. 21 de xaneiro
- Dir: JM Rodilla
- Ciclo de inverno
- Concerto temporada nº6. 28 de xaneiro
- Dir: JM Romero
- Concerto temporada nº7. 11 de febreiro
- Teatro Colón 12:15h
- Dir: J. Viceiro
- Concerto temporada nº8. 25 de febreiro
- Trompeta solista: Manuel Fernández
- Dir: JM Romero
- Concerto temporada nº9. 10 de marzo
- Solista: Helena García (Ganadora del Concurso de interpretación del CSMC)
- Dir: JM Romero
- Concerto de Semana Santa. 16-17 de marzo
- Igrexa San Jorge
- Dir: JM Romero
- Ciclo de primavera
- Concerto temporada nº10. 24 de marzo
- «Concerto do Cinema Galego»
- Dir: (a determinar)
- Concerto temporada nº11. 7 de abril
- BMMC e Banda CPMUS
- Dir: M. Godoy
- Concerto temporada nº12. 21 de abril
- «Concerto de Clausura de temporada»
- Trompa solista: Juan Manuel Gómez
- Coro: Coro Cantabile
- Dir: JM Romero