Katy Varela critica que o alcalde levase a pleno unha nova prórroga (a terceira e ata o ano 2025) dun convenio entre o concello e a Confederación Hidrográfica para o arranxo de diferentes problemas na rede que, segundo o convenio inicial, terían que estar resoltos antes do remate do presente ano.
· Os populares poñen como exemplo do desinterese do alcalde por solucionar os problemas o que sucede en dúas zonas de Monforte. No barrio de Piñeira, as augas fecais saen a rúa, sen que o concello faga algo por solucionalo
· Na rúa Morín, no barrio da Estación, os veciños non teñen presión de auga porque o goberno de José Tomé non é capaz de atopar a orixe do problema, mentres seguen a furar diferentes puntos da rúa, sen solucionar a situación e dando como única alternativa que os veciños instalen bombas de presión
· Katy Varela denuncia que chegamos a esta situación polo desinterese de José Tomé que, cando tivo ocasión de arranxar os problemas, non o quixo facer ao negarse, por exemplo, a asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Infraestruturas