O BNG de Begonte pedirá no Pleno solucións para a veciñanza de Riocaldo 

por Redacción Lugo

O concelleiro do Bng en Begonte, Pablo Ares e a responsabel local, Uxia Ferreiro, estiveroncoñecendo de primeira man a problemática que a veciñanza do barrio de Rio Calvo da parroquia de Begonte, teñen cando se dan episodios de choivas como a destes días e teñen que estar pendentes das enchentas dos ríos Ladra e Parga polos asolagamentos que acontecen.

O Bloque Nacionalista Galego en Begonte a través do seu concelleiro Pablo Ares presentara unha moción no vindeiro pleno para «esixirlle ao concello que realice as xestións correspondientes ante Adif, Confederación Hidrográfica e Fomento para que a veciñanza de Rio Calvo non teña que estar pendente das enchentas cada vez que hai un episodio de choivas

Estas administracións non realizan mantemento nas súas áreas de influencia ao redor dos ríos Parga e Ladra, co cal cada vez que temos uns episodios de choiva como os ocorridos estes días a veciñanza esta «nun sin vivir» co medo no corpo polos posibles asolagamentos que se producen nesta zona do concello de Begonte.

«Se estas tres administracións tiveran feito durante o verán traballos de mantemento, roza e sacar árbores caídas das canles dos ríos e das cunetas da N- VI a veciñanza non tería que preocuparse polo que lles vai pasar nas súas casas, recordando o acontecido durante o inverno pasado» manifestou o concelleiro do BNG

A veciñanza de Riocaldo ten que estar pendente de si o río Ladra (a catro km das súas casas) desborda, pois a NVI e a vía do tren (Lugo-Coruña) fan de tapón para que a auga siga o seu curso normal e acaba asolagando as súas casas.

«Queremos que se lle dea a este barrio unha solución definitiva e non só sexan escoitados cando xa teñen o dano nas súas propiedades, por iso, pediremos no vindeiro pleno se aprobe unha moción para que dende o Concello se lle esixa a a Adif, Confederación Hidrográfica e Fomento solucións XA» concluíu Pablo Ares.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario