Elena Rivo asistiu en Verín ao partido amigable entre España e Portugal de Fútbol Sala

por Redacción Deportes

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asistiu ao partido internacional amigable disputado no pavillón municipal de deportes de Verín entre as seleccións absolutas femininas de fútbol sala de España e Portugal.

A Real Federación Española de Fútbol elixiu Galicia para celebrar dous encontros amigables entre España e Portugal: o de hoxe en Verín (Ourense), ao que asistiu Rivo, e mañá en Salvaterra de Miño (Pontevedra), que contará coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Ambas as dúas son potencias do fútbol sala feminino europeo, un deporte que para a Xunta de Galicia contribúe ao fomento da igualdade e de valores relacionados co esforzo e a cooperación entre as deportistas e que constitúe un referente para as novas xeracións de mulleres.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario