O concelleiro popular Gustavo Díaz explicou que o posto da traballadora social «que realizaba un control previo para que as urxencias de servizos sociais se valoren, e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias dos casos non está cuberto, dende hai meses» aclarando que esta situación «obrigan a asumir esta función a cada Centro Social, sobrecargándoos de traballo»
Después de visitar os 7 centros sociais municipais estamos preocupados porque “a pesar da gran profisionalidade dos traballadores e a súa implicación e compromiso cos usuarios comprobamos que non hai suficiente persoal para garantir os servizos básicos”.
Para o PP a atención dos servizos sociais é un piar fundamental, e, neste momento “non está garantida de forma eficaz” debido a que o goberno local non está substituíndo as baixas ou directamente non se cubren as prazas que figuran na Relación de postos de traballo.
Os populares alertan que a atención ás persoas que precisan tramitar axudas de emerxencia, dependencias, mínimo vital … complicouse dende hai uns meses xa que a traballadora social encargada de facer un control previo para que as uxercias se valoren , e que coordinaba as listas de espera e citas segundo as emerxencias leva meses sen estar cubrir.
Por este motivo, os populares pedirán en comisión que o goberno local aclare “se van a recuperar este filtro que se ofrecía no Centro Maruja Mallo xa que arestora, ao non cubrir esta vacante, incrementan a carga de traballo diario e repercute na organización das citas do resto dos centros.
Seguridade
Outra petición reiterada ten que ver con mellorar a seguridade nos centros sociais. O que se propón é ampliar 5 horas semanais a vixilancia para que se dea cobertura desde a apertura ata o horario do peche destas dependencias municipais.
Neste momento o persoal encargado da seguridade nos sete centros sociais está no horario de atención ao público entre 8.30 a 14.30 horas.