Os populares explican que a alcaldesa adquiriu este compromiso cunha trintena de familias que teñen aos seus fillos e fillas cursando estudos neste centro afectado polas obras de peonalización do casco histórico
Os populares lembran que o goberno local comprometeuse “a poñer unha liña de autobús específica con coidadores escolares para facilitar o acceso dos estudiantes do Colexio da Milagrosa” xa que por mor das obras de peonalización na Praza do Ferrol complicouse o acceso ao centro educativo.
Javier Vázquez explica que “estamos a 15 de novembro e o último movemento de alcaldía foi o de derivar a responsabilidade do servizo de coidador ao profesorado e as AMPAS xa que lles pide que sexan os docentes ou pais e nais os que se fagan cargo desta función.
Cando a alcaldesa fixo o anuncio deste novo servizo apuntáronse máis dunha trintena de familias que agora vén como “esta promesa quedou en suspenso” aclarando que “esta forma de traballar xerando falsas espectativas deriva en indignación aos afectados xa que contaban ter un servizo que non acaba de materializarse”.