Vía Galega impulsa actos por toda Galicia de izado da bandeira galega en conmemoración do 105 aniversario da I Asemblea Nacionalista

por Redacción Galicia

Vía Galega vén promovendo diferentes campañas e iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, nomeadamente o himno e a bandeira

O ano pasado, inauguramos como semana de exaltación e exhibición da bandeira galega a semana coincidente  co aniversario  do desenvolvemento, durante o 17 e 18 de novembro de 1918, da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Pois ben, este ano, que se cumpren 105 anos da efeméride, retomamos a campañas dándolle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado e, así, durante a semana do 13 ao 18 de novembro cubrir toda a xeografía galega de bandeiras Galegas, engalanando fiestras e varandas.

Remataremos a campaña o día 18 de novembro cun acto expansivo en diferentes localidades de toda Galiza, que consistiría en colocar bandeiras galegas  en lugares vistosos para que perduren no tempo, a única bandeira que nos representa e nos identifica como galegas e galegos.

Estamos certo da necesidade de impulsar campañas para divulgar o uso dos nosos símbolos, os únicos que nos identifican  e recoñecen como  pobo, que fortalecen a nosa conciencia e cohesión nacional e contrarrestan a invasión da simboloxía española.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario