Emocionados e co corazón cheo. Así volvían os 16 deportistas do clube Arte e Movemento a pasada fin de semana do Campionato do mundo IDO de bailes caribeños celebrado en Macedonia do Norte
“O que máis e o que menos estabamos chorando cando soou por primeira vez o himno de España cos máis pequenos, Serena e Raúl” comenta unha das deportistas do clube ceense
En total os deportistas da Costa da Morte trouxeron 6 ouros, 5 pratas e 7 bronces que se traducirán na maioría dos casos en recoñecementos de deportistas de alto rendemento e alto nivel.
“Os resultados do mundial do ano pasado permitiran a 3 dos nosos deportistas conseguir o DGAN, sendo os primeiros concedidos ao baile deportivo. E este ano máis rapaces poderán disfrutar deste certificado e das súas vantaxes” celebra Graciela Toba, entrenadora de Arte e Movemento.
Agora toca celebrar pero sen baixar o ritmo porque este domingo teñen a próxima competición pero esta vez en territorio galego, concretamente en As Pontes de García Rodríguez.