O BNG de Monterroso acusa ao PP dunha nova de falta de compromiso coa veciñanza deste concello 

por Redacción Lugo

En Monterroso viven agora 282 persoas con algún tipo de discapacidade e unhas 1.150 persoas cuxo rango de idade supera os 65 anos, co que é lóxico pensar que a accesibilidade debe ser algo a ter en conta no noso Concello.

O pasado 14 de Novembro saíu a resolución no DOG sobre as axudas Next Generation para esta materia que Xestiona a Xunta de Galicia e de novo concellos como Agolada, Antas de Ulla ou Santiso, moi próximos ó noso e con menos poboación accederon a uns 48.000 euros de axuda cada un. As axudas estaban destinadas a financiar o 100% do proxecto, sendo unha oportunidade para o concello de acometer obras tan necesarias sen ningún tipo de custe.

«Coa cantidade de poboación do noso concello e coa porcentaxe de persoas con discapacidade e de persoas maiores, o noso Concello sobrepasaba o 7% en ambos casos, algo que pedía a axuda para acadar a máxima puntuación. De actuar con dilixencia esa axuda podería ser concedida» explica o portavoz nacionalista

Dicir que «É algo que o Partido Popular levaba no programa, reformar e rehabilitar a Casa do Concello mellorando a accesibilidade, e que podía haberse financiado con estes fondos» afirma Vázquez. De todos xeitos, desde o BNG consideramos que existían multitude de posibilidades para presentar un proxecto co fin de mellorar a nosa vila con respecto ao tema de accesibilidade.

«As axudas pedíronse en xullo, polo que o PP esta incumprindo o seu propio programa electoral. O novo equipo de goberno xa estaba vixente pero unha vez máis os euros vanse a outros Concellos da nosa contorna, e non son cantidades menores»concluíu Brais Vázquez

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario