Cortada a circulación na estrada entre Caión e O Outeiro

por Redacción A Coruña

A causa dunha balsa de auga que provocou danos de importancia na superficie de rodadura

A estrada da parroquia de Caión que comunica o núcleo do Outeiro co cruce da DP-1503 á altura de Corteo permanece pechada temporalmente ao tráfico desde esta mañá e así está sinalizado para advertir da circunstancia e evitar o acceso dos vehículos. 

O motivo do corte da circulación é o importante dano que sufriu a superficie de rodadura provocado polo xurdimento dunha balsa de auga subterránea tralas intensas choivas rexistradas nas últimas semanas. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, desprazáronse ata esa zona para coñecer de primeira man o estado da calzada.

As obras de reparación comezarán a executarse esta mesma tarde e a estrada abrirase á circulación á maior brevidade e tan pronto sexa posible con garantía de seguridade para os usuarios.   

As vías alternativas de acceso son por Xermaña (DP-1503) e polo Campo da Costa (DP-1909).

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario