O PP de Monforte defenderá no pleno que os centros para maiores e discapacitados se inclúan dentro dos usos especiais da cota tributaria no cobro da auga

por Redacción Lugo

Katy Varela explica que estes centros teñen un uso importante de auga e deben de ter unha tarificación especial, como xa ocorre co Hospital comarcal, os centros educativos ou as industrias do polígono

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no pleno deste mes unha iniciativa para que os centros para a terceira idade e discapacitados se teñan en conta á hora de tarificar o cobro da auga como un uso especial, ao igual que ocorre co Hospital comarcal ou as industrias do polígono. 

Os populares presentan esta moción xa que consideran “moi necesaria e non pode demorarse máis”. 

A voceira popular Katy varela recorda que, xa se presentou no pleno de outubro, en forma de emenda á modificación da ordenanza reguladora das taxas de abastecemento de auga e recollida de lixo, pero que o goberno local rexeitou nese momento alegando que “necesitaban tempo para valorar a proposta”.

Nesta ordenanza regúlase un uso especial. Katy Varela explica que o apartado C recolle os usos especiais da cota tributaria, unha tarifa especial para determinados centros, como son o Hospital comarcal, os colexios e as industrias do polígono. “Consideramos que dentro deste apartado deben incluírse os centros para a terceira idade e discapacitados por dous motivos, pola importante labor que realizan e porque teñen un gasto de auga importante”, sinalou.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario