Antonio Ameijide cre que a realidade de que non se arranxe esta estrada, afunda polo efecto dun cauce fluvial que discorre ao seu carón, débese ao distanciamento entre a alcaldesa de Lugo e o presidente da Deputación.
O popular alerta do perigo de non arranxar esta estrada, na que no quilómetro 5 a calzada se afundiu pola acción dun cauce fluvial que discorre ao seu carón poñendo en perigo aos condutores xa que poden caer por un terraplén de varios metros de profundidade
· Ameijide tamén destaca o mal estado do firme na totalidade da vía, o que pon de manifesto que esta estrada hai anos que está abandonada polo goberno provincial, poñendo en risco a seguridade dos seus usuarios sen que a PSOE e BNG lles importe