O Grupo Municipal do PSdG manifesta a súa desconformidade sobre a xestión e a proposta de proxecto que o Grupo Municipal de Rianxo en Común presentou para poder acceder a unha subvención da Xunta de Galicia.
“Consideramos que é unha forma de facer política participativa, algo peculiar, xa que nos enteramos que o proxecto fora presentado xa que a Xunta lle notificou ó Concello que debía resolver unas desconformidades referentes a titularidade do espazo onde estaba proxectada a Pista de pádel, e curiosamente o proxecto debería ir ó pleno para licitar esta obra, e o resto de grupos políticos non sabíamos nada ó respecto”.
64.000€ para atender as necesidades dos veciños e veciñas, dos clubs de Rianxo ou 64.000 € para acometer un proxecto partidista… Rianxo en Común apostou por facer o que el entende que é beneficioso para o seu partido a nivel político e non para os intereses de Rianxo.
O máis sorprendente é que a execución do proxecto debía estar xustificado a día 30 de novembro de 2023 “aspecto que era coñecido polo grupo de Goberno e opta por propoñer unha actuación, que entre trámites administrativos e procesos de licitacións se dilataba máis ala do límite establecido para poder facer a pista de padel, o que indicaba o risco desa proposta”
Lamentamos que durante un mes estiveran, primeiro bloqueado o funcionamento municipal destinando recursos laborais a contrareloxo, privando de desenvolver outros trámites necesarios ó resto de veciñ@s de Rianxo que ven como as resolución das súas cuestións non son tan rápidas. E tamén afectaron ós económicos ( facemos fincapé aquí de forma especial, xa que o propio Alcalde era o que dicía que había que facer contención de gasto, que non había cartos, que tiñan que administrar ben os recursos Municipais… e resulta que se gastaron na redacción do proxecto, e se vai ter que acometer obras de reforma, seguridade etc. con fondos Municipais, privando de novo os veciños e veciñas de facer outras actividades”
Un proxecto que non tiña cabida na actualidade, e ademais que o grupo Municipal de REC, o propio Julián Bustelo, perseveraba: “mantemento por diante de grandes obras”. Medidas 68.69 e 70 de Rianxo en Común, polo que manifestan que na primeira actuación que tiñan para poder axudar ós veciños e veciñas, ós clubs de Rianxo, deciden invertelo no seu propio proxecto sen ter en conta a ningún club do Concello.
O voceiro do PSOE de Rianxo, mostrase sorprendido como o Grupo de Goberno antepón o cumprimento dun proxecto de programa electoral (a construción dunha pista de Padel que aparece reflexado no seu punto de programa 72) ó cumprimento das obrigas e necesidades que a día de hoxe hai no Concello, no referente a mantemento das instalacións deportivas, e desatendendo ás peticións dos clubes que usan esas instalacións.
Dende este grupo Municipal, xa lle manifestamos a necesidades de solventar o funcionamento do pavillón polideportivo de Rianxo como medida urxente:: cambio de barandilla por metacrilato, dotar de asientos ás gradas, acondicionar o almacén como espazo multideportivo, e colocar 2 cortinas divisorias máis, para dividir a pista en 3 espazos, para evitar así a saturación que agora manifesta o pavillón polideportivo, e as mulleres maiores puideran ter tamén ximnasia de maiores de tarde.
Outra medida e solventar as goteiras do pavillón de Targoña e cambiar o sistema de ventilación,a día de hoxe é un sistema de ventilación natural e no inverno a temperatura do pavillón non fai agradable o seu uso.
Especialmente críticos foi o Goberno de Rianxo en Común, especialmente o Alcalde actual Julián Bustelo cando estaba na oposición sobre este aspecto, onde reiteraba de forma continua a falta de rigor da Corporación Anterior. Manifestando incluso con mentiras a perda de subvencións que causaron Baixa nos proxectos, e que isos importes volverán a estar en disposición de uso unha vez a Deputación decida reingresalos. Estos aspectos eran coñecidos por Julián, pero co ánimo de xenerar malestar e confundir ós veciños e veciñas expresaba que o Concello perdía subvencións incluso sen poder optar a elas. (que é certo que algunha se perdeu).
Onte día 16 de novembro tamén se publica no DOG con RESOLUCIÓN de 9 de novembro de 2023, a perdida de 2 subvencións máis…… por non subsanar en tempo e forma os requerimientos reclamados: Unha subvención para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal e outra O Plan de Fomento do Medio Ambiente para a Adaptación ao Cambio Climático, PIMA Adapta. Solicitaremos información para determinar o motivo destas perdidas (falta de fondos, ausencia/erro de tramitación trámite oportuno ou foi por cuestión de xustificación de prazos)
Mesmo caso vivimos este verán, onde de novo O concello de Rianxo quedou sen socorristas, un aspecto que reclamaba o propio Rianx en Común, tendo unha subvención concedida este ano para a contratación ó 100% de socorristas, por importe de 30.000€, e Rianxo de novo quedou sen socorristas, semella que o problema que plantexaba Julián non era tal, de novo outra mentira para confundir ós veciños e veciñas e conseguir rédito electoral.
Rianxo debe avanzar, e de novo, esperamos que Julián Bustelo recapacite e pensé en Rianxo e non nos seus intereses de partido.