O proxecto definirá as accións a realizar para a mellora da seguridade da estrada, que vai de Bordeiras ao Porto de Suevos, desde o PQ 1+000 ata o PQ 2+100
A Deputación da Coruña adxudicou por 23.595 euros a redacción do proxecto de mellora da seguridade vial na DP 0503, no núcleo de Suevos, no Concello de Arteixo.
O proxecto definirá as accións a realizar para a mellora da estrada, que vai de Bordeiras ao Porto de Suevos, desde o PQ 1+000 ata o PQ 2+100. Na actualidade, o vial presenta unha forte pendente, curvas reducidas, non dispón de sendas para o tránsito peonil e é moi estreita, estando nunha zona con numerosas vivendas.
O proxecto presentará as solucións técnicas para ampliar a sección da vía, habilitando zonas para o tránsito peonil e dotando á estrada de condicións que melloren a seguridade tanto na circulación de vehículos coma no acceso ás vivendas das persoas residentes na zona.