Xuventudes Socialistas: “A mocidade será a protagonista con Besteiro”

por Redacción Galicia

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, animou á mocidade a “sumar ideas nun encontro que servirá de punto de partida para por solucións reais enriba da mesa e non viaxes pagadas en cruceiros ou peregrinaxes varias”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Lugo a súa primeira Escola de Outono a cal terá lugar entre os días 25 e 26 de novembro no Centro Cívico Uxío Novoneyra.

O evento iniciarase cun espazo aberto para charlar co candidato á Xunta de Galciia, José Ramón Gómez Besteiro, quen escoitará as principais reivindicacións de “toda a xente nova que queira formar parte do cambio en Galicia”.

A escola contará cunha formación centrada no feminismo e tamén coa participación da organizacións nos actos institucionais e manifestacións que teñan lugar na cidade ese día polo 25N.

Ana María Díaz, secretaria de organización de XSG-Lugo, sinalou que o “obxectivo desta escola é formar sobre as novas correntes do feminismo nun día onde imos lembrar a máis de 1200 mulleres asasinadas”.

Pola súa banda, o secretario xeral de XSG, Xurxo Doval, animou á mocidade a “sumar ideas nun encontro que servirá de punto de partida para por solucións reais enriba da mesa e non viaxes pagadas en cruceiros ou peregrinaxes varias” en relación aos últimos anuncios “electorais” da Xunta de Galicia.

“Con esta escola imos amosar que seremos as protagonistas con Besteiro nos próximos meses”, engadiu o líder mozo, que anunciou que xa están a traballar nun programa ambicioso centrado en vivenda e transporte.

Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, quen pechará as escolas o domingo pola mañá co Delegado do Goberno, Pedro Blanco, agradeceu o “o compromiso de XSG con Lugo, ao facer a escola nunha terra vítima das políticas ausentes da Xunta”

Ademais, aproveitaron a presentación das xornadas para promover a súa campaña de concienciación sobre a loita contra a violencia machista “Rompe o silencio”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario