“Levamos a pleno esta iniciativa porque é unha necesidade mellorar a accesibilidade para poder por en valor o Castelo” afirma a voceira nacionalista
A través da concelleira Iria Castro o Bng de Castroverde presentará dúas mocións no vindeiro pleno do mes de Novembro. Unha delas pedindo a mellora na accesibilidade ao Castelo de Castroverde e outra pedindo a mellora para os orzamentos do 2024 das partidas destinadas as subvencións para entidades culturais e deportivas
«A mellora da sinalización, do alumeado e o acondicionamento do acceso ao Castelo serviría para de por en valor esta fortaleza que representa o poder que Castroverde tivo durante o século XIV» explica a voceira do grupo municipal.
A outra moción que se presentará fai referencia á mellora por parte do concello das subvencións que se lles outorgan a aquelas entidades deportivas e culturais que «fan un traballo inxente coa rapazada e tamén espallando a nosa cultura e que precisan de recursos para ese traballo» afirma Iria Castro.
O bng de Castroverde aínda non ten información dos orzamentos municipais para o 2024, «agardamos que estas dúas mocións se teñan en conta á hora de preparar os vindeiros orzamentos» conclúe a Iria Castro.