O PP consegue o compromiso do goberno local de Lugo para repoñer os desfibriladores desaparecidos ou vandalizados

por Redacción Lugo

“Hoxe conseguimos o compromiso do goberno local de que antes de rematar este ano se van repoñer os desfibriladores que desapareceron ou que se vandalizaron”

Hai que lembrar que foi o 16 de outubro, día mundial da parada cardiáca, cando denunciamos esta situación e alertamos de que a falta de xestión deste bigoberno afecte a cuestións tan sensibles como ter en bo estado estes espacios cardiosaudables. Faremos un seguimento para comprobar que cumpren este compromiso.

Con motivo da ampliación de prazas no Fogar do Transeunte  que pasaron de 10 a 26 solicitamos a cobertura das vacantes que hai neste servizo. Non compartimos a resposta que se nos deu hoxe en comisión onde se nos indicou que non é necesario incrementar persoal.

Unha vez máis vemos que este goberno local sobrecarga de traballo a un servizo no que se atende ás persoas sen teito e que desgrazadamente ten unha gran demanda.

O goberno local tamén hoxe tomou en consideración a proposta que fixemos para mellorar a seguridade nos centros sociais. Propoñíamos  ampliar 5 horas semanais a vixilancia para que se dea cobertura desde a apertura ata o horario do peche destas dependencias municipais. Neste momento o persoal encargado da seguridade nos sete centros sociais está no horario de atención ao público entre 8.30 a 14.30 horas

Con respecto ás dotacións deportivas previstas para o barrio de Sánfiz máis do mesmo ningun proxecto claro, nin concreción o que fixeron hoxe na Comisión foi unha declaración de intencións sobre usos deportivos futuros destes terreos.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario