Besteiro augura que Galicia “vai pasar páxina do PP” cun goberno encabezado polo PSdeG nas próximas eleccións autonómicas

por Redacción Galicia

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que “Galicia vai pasar páxina do PP” nas próximas eleccións autonómicas cun goberno encabezado polo PSdeG. Besteiro encabezou a delegación dos socialistas galegos no acto político do PSOE celebrado en Madrid coa intervención do presidente Pedro Sánchez e o expresidente Zapatero.

O responsable socialista situou o horizonte político nos próximos comicios autonómicos, nos que se comprometeu a “facer todo o que estea da miña man para darlle a Galicia todo o que se merece” dende a presidencia da Xunta. Así o dixo logo de cuestionar o compromiso de Feijóo e de Rueda, que “poñen a camiseta de galegos por conveniencia” como por exemplo logo de votar contra o uso da lingua no Congreso.

Acusou ao ex presidente da Xunta de “non acordarse máis de Galicia” dende que marchou a Madrid ata este momento, cando “o perdedor das eleccións en España quere ser agora o gañador das eleccións en Galicia: pois vai ser que non”, espetoulle. Criticou que coa súa fuxida cara adiante, Feijóo “volve confundir as súas ambicións persoais co que decide e vota a cidadanía”.

Comparte éste artículo
2 Comments