Deputación de Lugo. Certificación de Destino Turístico Starlight para Os Ancares Lucenses

por Redacción Lugo

A Deputación de Lugo vén de conseguir a certificación de Destino Turístico Starlight para a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Unha acreditación que concede durante catro anos a Fundación Starlight -impulsada polo Instituto de Astrofísica de Canarias- está concibida para protexer mediante diferentes actuacións o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo das estrelas no territorio.

– Esta acreditación, que concede a Fundación Starlight -impulsada polo Instituto de Astrofísica de Canarias- está concibida para protexer mediante diferentes actuacións o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo das estrelas no territorio

– “Esta distinción axudará a que continuemos afondando no noso modelo de turismo sostible nun territorio ademais, onde este tipo de iniciativas é fundamental para axudar a fixar poboación”, valorou a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar Garcia Porto.

Tramitar este distintivo é unha das accións impulsadas pola Deputación grazas ao investimento de 1M€ de fondos europeos que conseguiu para as reservas da biosfera que xestiona

Unha vez conseguida a distinción, o seguinte paso será poñer en marcha unha mesa de traballo para abordar as actuacións de carácter astronómico e astroturístico necesarias para adecuar as fontes de luz e impulsar servizos e recursos especializados

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario