A concelleira popular Cristina Sanz defenderá unha iniciativa no pleno do xoves para apoiar ao comercio local cun programa de acción permanente que pivota sobre catro eixos e que servirá “para dinamizar o sector e fomentar o emprego local”
No plan de apoio ao comercio local os populares propoñen establecer un programa de bonos para consumir nos comercios de sempre de Lugo; en segundo lugar instan a poñer en marcha de axudas destinadas ao relevo xeracional.
Os populares tamén queren que se ofrezan compensacións económicas/bonificacións fiscais aos establecementos prexudicados polas obras que se están desenvolvendo no casco histórico e que acumulan retrasos o que causa prexuízos económicos importantes pola perda de clientela.
Por último reclaman a reactivación e impulso da Mesa de Comercio Local como canle de intercambio continuo de información e propostas para o sector xa que na actualidade esta canle de intercambio de información e propostas está infrautilizada.
Cristina Sanz anima ao goberno local a apoiar esta iniciativa e lembra que se aproxima unha das campañas comerciais máis importantes, como o Nadal e as rebaixas de xaneiro, polo que “todas as administracións e partidos políticos temos a responsabilidade de unir esforzos para apoiar ao sector e establecer medidas que lle permita sobrevivir”.