PP. «A área de rehabilitación para a Milagrosa e Feijoo é pouco ambiciosa e chega moi tarde»

por Redacción Lugo

Os populares propoñen un proxecto alternativo que aborde intervencións en inmobles abandonados a través de Evislusa xa que o programa que se vén de anunciar «só cubre actuacións de eficiencia enerxética e as axudas son moi limitadas»

O PP lamenta que o goberno local tardase 12 anos en facer un diagnóstico que confirma o deterioro do barrio da Milagrosa e o Barrio Feijoo 

•        Para os populares este proxecto da alcaldía CHEGA MOI TARDE e lembra que en 2011 xa se prometeu á veciñanza entrar neste programa de rehabilitación financiado con fondos europeos

•        A situación sería outra moi diferente se o Plan se aprobase cando se prometeu «meteron a ambos barrios  nun círculo vicioso: deterioro inmobiliario, alugueres baixos provocando que medrasen os problemas de índole social»

•        Outro aspecto que cuestiona o PP é que NON SE INTERVÉN EN EDIFICIOS ABANDONADOS xa que as axudas son para actuacións de eficiencia enerxética

•        Os populares tamén cuestionan as REDUCIDAS CONTÍAS destas achegas  indicando que «os propietarios de edificios na zona declarada de rehabilitación programada so poderán acceder a subvencións  públicas de entre 8.100 a 21.400 euros por vivenda, en función do aforro enerxético que xustifiquen».

•        Reclamamos unha maior ambición cos barrios da Milagrosa e o barrio Feijóo e que se invista con máis servizos como por exemplo a creación dunha oficina da policía local na zona.

•        O PP aproveitou para poñer en valor os investimentos da Xunta no barrio da Milagrosa como son a renovación do  Centro de Saúde, a residencia de Maiores ou a Escola Infantil.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario