Alberto Mancebo presenta hoxe en Vigo «O que me quedaba por dicirche», que xa vai pola 2ª edición

por Gonzalo Soto

Hoxe mércores, 29 de novembro, o xornalista Alberto Mancebo presentará en Vigo a súa primeira novela «O que me quedaba por dicirche«, unha das novelas en galego mais vendidas deste verán, e que acaba de sair a 2ªedición. Será ás 20h, na Cartabón (Rúa Urzaiz, 125)  acompañado pola escritora Lara Dopazo.

Na súa primeira novela, un dos libros en galego mais vendidos este verán (e a punto de sacar a segunda edición)

Alberto Mancebo narra un episodio da vida de Xoán, unha persoa bastante peculiar, pero coa que é fácil sentirse identificado en moitos aspectos. Na novela, de 130 páxinas, o protagonista desvela certas dificultades para xestionar os seus sentimentos e o seu pasado que, sumado unha noticia inesperada que recibe a súa familia, levarao a unha viaxe fóra de Galicia e tamén fóra do seu benestar emocional. 

Cunha narración áxil e sutil, o autor dirixe ao lector a través de problemáticas familiares

As consecuencias das agresións machistas, o amor en todas as súas formas e as doenzas propias da degradación da saúde mental. Unha travesía adornada de toques de realismo máxico e o absurdo que acende unha luz de esperanza no medio dunha historia íntima e familiar. 

ALBERTO MANCEBO SOTO (Vimianzo,1983). Con quince anos comezou a colaborar na Cadena Ser da súa vila. Licenciado en Xornalismo, completou a súa formación profesional en Liverpool, a súa segunda casa e á que sempre volve. Dende o ano 2004 traballa para a Televisión de Galicia, onde se encargou de diferentes coberturas xornalísticas por toda Europa e no Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal. Actualmente presenta o Telexornal Fin de Semana. Non deixa de estudar idiomas, a súa outra gran paixón xunto coas viaxes.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario