Hoxe é o Día Internacional da Solidariedade co Pobo Palestino no que se fai visible ante o mundo, que a cuestión Palestina non está resolta e o Pobo Palestino non ten garantidos os seus dereitos.
Mais a finalidade do noso acto hoxe, é a de amosar primeiro, o noso respecto, apoio e desexo de liberdade para o Pobo Palestino, e tamén, o noso posicionamento de berrarlle ao mundo enteiro, desde Lugo, que permanecer nunha postura neutral ante o que está a sufrir o Pobo Palestino, xa non é unha opción.
Estamos asistindo diariamente a un xenocidio de manual contra o Pobo Palestino e a historia, contará cómo ficamos impasibeis ante unha barbarie que fala de cifras infindas, de cifras do horror, de cifras que non son senón vidas de nenos, de nenas, de mulleres e homes, vidas algunhas que non chegaron nin a ver a luz da lúa en Gaza …
O noso xeito de vivir, a nosa individualidade como perspectiva vital, a nosa posición privilexiada, fainos ignorar esta situación por allea, lonxana ou non interesante para afondar nela, porque no fondo, iso sería afondar en nós. En nós como sociedade, en nós como responsabeis de mirar cara outro lado e deixar atrás o esforzo de sentir os horrores que vemos nos ollos dos nenos, das nais, dos pais… de todo un Pobo que leva na mirada a opresión, a ocupación, o apartheid, o exilio e a raiba de non poder ser, de non poder existir, de sufrir un xenocidio diante do silencio do mundo enteiro.
Xa que a comunidade internacional parece ter renunciado a facer valer a defensa dos dereitos humanos e o dereito internacional, o papel da sociedade civil organizada, adquire maior sentido e valor para denunciar, para presionar políticamente, e para remexer conciencias e idear estratexias que podan reconducir a situación cara o que esixe a ética humana máis elemental.
Estamos hoxe, conmemorando en Lugo este día de solidaridade co Pobo Palestino, porque na Plataforma Lugo por Palestina, non queremos calar. Non queremos ignorar nin mirar cara outro lado. Queremos estar con Palestina. Queremos sentir a súa dor como nosa e queremos loitar pola movilización da sociedade, facer un chamamento ás conciencias, queremos que Lugo esperte, que o mundo esperte e esiximos:
A todas as forzas políticas do noso país, aos equipos de goberno da nosa cidade, a todas as institucións e Universidades , que rompan calquera relación tanto comercial e económica, como de intercambio cultural co estado de Israel. Que non sexan máis silencios que impregnen os ollos das persoas Palestinas de soedade e abandono. Silencios tinguidos de sangue Palestina.
Esiximos mirar as bandeiras Palestinas e sentir a dignidade dun Pobo que nos necesita, dun pobo Palestino que resiste porque non ten elección e porque a súa valentía, resistencia e loita pola terra e pola vida, debera ser un exemplo para nós.
Esiximos que Lugo sexa unha cidade non cómplice silenciosa. Pedimos que Lugo sexa unha cidade digna como é a dignidade da bandeira Palestina. Como é a dignidade de que hoxe, todas e todos nós sintamos que sí podemos facer algo. Que sí podemos axudar a transformar. Que sí é posible que o mundo diga BASTA!
VIVA A LOITA DO POBO PALESTINO.
LUGO POR PALESTINA!!!!