Persoal do antiguo complexo hospitalario inaugura este sábado o ciclo de charlas organizadas polo PP sobre o barrio da Residencia

por Redacción Lugo

Dentro do programa de actividades de A Residencia, un barrio con futuro

O programa de A Residencia, un barrio con futuro inaugura este sábado unha charla coloquio que moderará Elena Candia e na que están invitados como ponentes profesionais que traballaron no complexo hospitalario como son José Manuel Piñeiro Somoza, Carmen Goy López, Elena Ramos Otero e Carmen Fernández Álvarez.

Non é casual empezar polo persoal do centro sanitario xa que foi, precisamente, a existencia desta dotación a que marcou o ritmo e a vida desta zona.

Esta primera mesa redonda terá lugar este sábado ás 12.00. O acto está aberto á cidadanía e nel se fará unha retrospectiva sobre como evolucionou o barrio dende que se construiron os edificios da Materno e o antigo Hospital, os anos do peche destas dotacións, e agora as oportunidades e a revitalización logo do esforzo inversor da Xunta coas novas infraestruturas sociosanitarias.

Exposición fotográfica

Os populares tamén lembran que continua aberto o prazo para participar na exposición fotográfica onde recollen imaxes sobre a evolución da zona e a vida da súa veciñanza nas diferentes etapas da súa historia.

As persoas interesadas poden aportar as imaxes que desexen ben enviándoas directamente ás Redes Sociais do Partido Popular local, ben ao correo electrónico eventos@ppdelugo.es, ou ben ahegándose á sede do PP situada en Poeta Ramón Cabanillas, nº14. O prazo para presentar as fotografías remata o vindeiro 13 de xaneiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario