AD Fogar Carballo e Oleiros. 50 Atletas e triatletas compiten na fin de semana no Burgo e Lugo

por Redacción Deportes

Os vindeiros 2 e 3 de decembro preséntanse intensos para @s atletas e triatletas das escolas de base da AD.Fogar de Carballo e Oleiros e os seus respectivos adestradores. O sábado a mañá o circuito de Acea Da Má, no Burgo, acollerá a Fase Zonal de A Coruña do Campo A Través Escolar encadrado dentro do Programa Xogade, proba na que tomaremos parte con 33 d@s nos@s atletas, 4 da categoría benxamín, 9 da alevín, 11 da infantil e 9 da cadete. O domingo a mañá e na localidade de Lugo, desputarase o segundo dos clasificatorios das zonas 1 e 2 para a Final Galega do Nada e Corre, proba federativa de tríatlon que contará coa presenza e participación de 17 d@s nos@s triatletas, d@s que 1 pertence á categoría prebenxamín, 4 á benxamín, 4 á alevín, 6 á infantil e 2 á cadete. 

PUBLICIDAD

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario