Susana Seivane lanza ‘Non é non’ (Vídeo)

por Redacción Galicia
O videoclip supón un avance do seu sétimo disco de estudio ‘Sete’ que verá a luz en plataformas dixitais o vindeiro día 7 de decembro.
Susana Seivane volve máis forte ca nunca, para romper prexuizos, posicionarse e dar voz en primeira persoa a todas aquelas mulleres que sufren coa violencia de xénero.Con ‘Non é non’ a gaiteira emprega a forza do seu instrumento para elevar o berro ao máis alto nivel e traspasar o silencio que cubre unha lacra incesante na nosa sociedade. Para elo, rodease de multitude de artistas que tamén pronuncian a súa repulsa contra este mal endémico que tanto dano está a causar a sociedade:  Elena Ferro, Iván Raña ou Carlos Blanco, entre outros, súmanse a esta campaña iniciada pola artista.

O tema emprega un pequeno fragmento de Lieders, artigo da precursora Rosalía de Castro que foi publicado por primeira vez en El Album de El Miño, en Vigo no 1858 e considerado o primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.

Cunha mensaxe positiva, a factura do vídeo pretende recrear ás sombras que enardecen as vidas das mulleres que sofren en silencio en contraste cos momentos de clarividencia e serenidade, necesarios para atopar a forza para empurrar e sair da clandestinidade. Para recrear estes matices, o vídeo foi gravado en Lobios, sendo a última filmación permitida no poboado, que reflicte a antítesis do sufrimento e a liberación

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario