Candia agradeceu a sensibilidade da Xunta e o gran esforzo inversor para revitalizar o barrio da Residencia con novos servizos sociosanitarios

por Redacción Lugo

Na mesa redonda da RESIDENCIA que se celebrou hoxe na sede do PP dentro dun programa de actividades para homenaxear a todas as persoas anónimas que mantiveron vivo o barrio co paso dos anos

  • Neste primeiro coloquio con PERSOAL QUE TRABALLOU no complexo hospitalario da RESIDENCIA os invitados  José Manuel Piñeiro Somoza, Carmen Goy López, Elena Ramos Otero, Carmen Fernández Álvarez, e Juan Carlos Gómez Rodríguez fixeron un repaso do papel que xogou esta dotación para vertebrar este barrio lucense.
  • A voceira popular Elena Candia introduciu a xornada explicando que o vello hospital e o Materno foron unha REFERENCIA INDISCUTIBLE para todos os lucenses e semella que agora coas novas infraestruturas volverá a reinventarse concluíndo que “é un barrio de oportunidades e de futuro”.
  • Tamén lembrou a aposta da Xunta de Galicia pola Residencia onde investiu máis de 30 M€ “os compromisos do goberno autonómico vense reflectidos na entrada en funcionamento do Punto de Atención Continuada, a base do 061 no CIS ou a inauguración da nova oficina de emprego”

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

  • A popular tamén agradeceu a participación da veciñanza que se achegou ata a sede para facilitar imaxes propias que se incorporarán a unha exposición fotográfica de imaxes sobre a evolución do barrio da Residencia e a vida da súa veciñanza nas diferentes etapas da súa historia
  • O prazo para presentar as fotografías remata o vindeiro 13 de xaneiro. As persoas interesadas poden aportar as imaxes que desexen ben enviándoas directamente ás Redes Sociais do Partido Popular local, ben ao correo electrónico eventos@ppdelugo.es, ou ben achegándose á sede do PP situada en Poeta Ramón Cabanillas, nº14.
Comparte éste artículo
1 Comment