Asociación Alexandre Bóveda e Deputación da Coruña presentan o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer proxectos sociais que contribuan á xustiza e a liberdade, e homenaxear a figura de Marcelino Liste

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda presenta unha nova edicion do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, que conta co apoio da Deputación da Coruña.

Este premio, convocado por primeira vez no 2017 polo club de opinión Foro Cívico (hoxe integrado na A.C. Alexandre Bóveda), ten como obxectivo recoñecer proxectos que contribúan á xustiza e a liberdade social. Despois da pandemia, convócase a cuarta edición dun premio que xa é referente na cidade e na provincia.

Outro dos obxectivos desta iniciativa é poñer en valor a figura de Marcelino Liste. Párroco da igrexa de Santa Margarita, foi tamén presidente da Federación de Asocicacións Veciñais, unha referencia nos últimos anos da ditadura e primeiros anos da Transición en defensa da liberdade e da xustiza, cun compromiso na mellora das condicións de vida da xente.

Destinado a persoas ou entidades que destaquen na súa loita pola liberdade, reivindicativas ou na procura da xustiza social, o prazo para presentarse remata o 8 de decembro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios