Xogando con lume: accidente sen feridos na entrada de Baio, AG 55, km 58

por Óscar de Souto

Hoxe tiveron que acudir a este sinistro na estrada AG 55, a altura do quilómetro 58, a entrada a Baio a altura das Torres do Allo, no que tiveron que acudir os bombeiros de Santa Comba, debido a que, o Parque de Cee permanece pechado por falta de persoal, por sorte sen feridos. Con isto da folga na que Deputacións e Xunta está a dar largas ós bombeiros, estase xogando con lume, nunca mellor dito, pois se o sinistro fose de gravidade o tempo de resposta para a escarcelación dunha vítima é de máxima importancia, cuestión de vida ou morte e cuestión de minutos.

As reivindicacións dos bombeiros galegos non son escoitadas por quen debe poñer orde nesta situación, cando se produza unha traxedia na carretera, como Pilatos, os responsables desta situación lavaranse ás mans.

Reproducimos nesta publicación de facebook da AC Bombeiros da Costa da Morte :

“[ 👨‍🚒👨‍🚒👨‍🚒🚫PARQUE DE CEE PECAHADO🚒🚒🚫

E atopámonos que hoxe houbo un grave accidente no límite do noso ámbito de actuación, que foi atendido polos compañeiros do Parque de Santa Comba onde están cubrindo o servizo dous Bombeiros do Parque de Cee.

⚠️ ¿E si este accidente fose na nosa zona?
⚠️ ¿Qué tempo de resposta terían para chegar a rescatar ás vítimas?
⚠️ ¿E se fosen familiares teus ou ti mesmo quen estivese ferido e atrapado?

🎲 Está claro que para as distintas Administracións con todas as cores políticas implicadas e a Xerencia do Consorcio non debe incluir os seus.

💆‍♀️💆E os representantes políticos chegaron hoxe á reunión establecida cos representantes sindicais con puntos distorsionados nun borrador de risa nalgúns dos puntos.

🪑 Alomenos por fin sentáronse a negociar, agora o que teñen é que sentar a cabeza.
✅️ Reposición de uniformes
✅️ Mantemento de vehículos con servizo oficial.
✅️ Contemplar perigosidade, nocturnidade e festividade nos postos de traballo.
✅️ Afrontamos un traballo de risco que non se contempla.
✅️ Salarios iguais o resto de Bombeiros de España.
💶 Un Bombeiro galego pode cobrar desde 1.200€ a 1.300€, cando os demáis perciben 1.800€ e con menos horas anuais.
✅️ ¿E din os políticos que pedimos unha subida do 50%?
A ver, de 1.200€ a 1.800€ para un traballo no que asumimos situacións de todo tipo ao mellor ese 50% son números desproporcionados.
¿Quizáis como os seus soldos daquela que si contemplaron subas importantes?
✅️ ¿Algo que decir Sr Presidente da Diputación? ¿Xerente? ¿Xunta?

Eeooooo????? ]”

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario