Raúl Romero de 12 anos e Serena Díaz de 10 acadaron esta fin de semana o título de Subcampións de España da especialidade de 10 bailes en xuvenil II. Esta especialidade está integrada pola combinación dos bailes latinos e standard sendo a máis completa e esixente.
“Non contabamos con tan bo resultado porque vimos de estar entrenando centrados no mundial de bailes caribeños, que é unha especialidade moi diferente a 10 bailes” comenta Graciela Toba, presidenta e entrenadora do clube Arte e Movemento.
No que vai de ano, Raúl e Serena, como parella, á marxe dos logros individuais levan acadado os seguintes títulos:
- 10 bailes: son Campións Galegos e subcampions de España dende este sábado
- Standard: son subcampións de España
- Latinos: son Campións Galegos e 3o de España
- Caribeños parella: son Campións do Mundo de Salsa e Merengue, subcampións do mundo de bachata e campións Galegos
- Salsa Shine dúo: Campións Galegos, Campións de España e Campións do Mundo
- Bachata shine dúo: Campións Galegos, Campións de España e Campións do Mundo.
Pero non foron os únicos deportistas do clube que colleitaron bos resultados no campionato celebrado a fin de semana pasada en Guadalajara :
André Liaño e Inés Liaño ascenderon a Categoría B nacional en latinos e standard, tras gañar ambas “copas promoción”.
Andrés Parga e Laura Marcote obtieron o 1º posto no Campionato de España da categoría B de standard, o que fai prever que logren o ascenso a finais de decembro a A Nacional