O PP condena que «PSOE e BNG optasen por prorrogar de forma anticipada o contrato á actual concesionaria do abastecemento e saneamento de auga, que prexudica ao Concello, en lugar de sacar un novo concurso público»
- O Grupo Municipal Popular lamenta que a alcaldesa de Burela «antepoña os intereses dunha empresa privada aos dos veciños e veciñas da nosa vila»
- Para os populares «é unha mágoa que Burela non dispoña dese diñeiro que deixa de percibir e que podería reverter en beneficio das asociacións, familias en risco de exclusión social, a RPT do Concello, etc.»
- «É a enésima vez que o bipartito leva a pleno unha proposta de alcaldía con erros -citaba ordes que non existen- e ata lles custou moito facer os cambios requiridos ante as advertencias do Grupo Municipal Popular», indican