Na instalación de 119 novas luminarias reducirase a potencia nun 50%, mantendo a luminosidade e incrementando a eficiencia enerxética
O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou da contratación da obra renovación das instalacións de alumeado público exterior no barrio de Casás, concretamente nas rúas Mestre Méndez, Filgueiro, Flor de Lirio, Rosende, Camposo, Silva, Castiro, Casás e Oliveira. Segundo Rubén Arroxo, «seguir traballando na renovación das luminarias nas principais rúas e nos barrios da cidade é fundamental para fomentar o aforro enerxético». Con esta intervención conseguirase un importante aforro no tocante a factura eléctrica que debe pagar Concello mellorando, ao mesmo tempo, a cantidade de iluminación na zona.
Rubén Arroxo explicou que «a obra consiste na renovación do alumeado público, mudando luminarias obsoletas de V.S.A.P. de 70w por luminarias tipo LED cunha potencia unitaria de 30w». Deste xeito, acaparase un importante incremento da eficiencia enerxética, así coma unha baixa considerable do consumo, acadando os 25.585 kWh de aforro, insistiu Arroxo. Ademais, tamén se axecutará a renovación de elementos eléctricos envellecidos como caixas ou condutores.