Ledicia Piñeiro se incorpora a Podemos Galicia

por Redacción Galicia

A ex-concelleira de Ourense en Común e cabeza de lista de Galicia en Común por Ourense como independente se da de alta como militante na formación morada

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2023. Ledicia Piñeiro, concelleira de Ourense en Común entre 2015 e 2018 anunciou publicamente a sua incorporación a Podemos Galicia coma militante. A actriz e educadora social tamén concorreu como cabeza de lista pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 2019. Piñeiro se presentou como independente na candidatura Galicia en Común, coalición pola que Yolanda Díaz obtivo un escano por Pontevedra na pasada lexislatura.

Borja San Ramón, Coordinador Nacional de Podemos Galicia declarou estar «contento e ilusionado de que o proxecto siga incorporando xente diversa, especialmente a alguén como Ledi, de probado compromiso político».

Piñeiro anunciou a súa alta coma militante no partido morado co seguinte comunicado en redes sociais:

Para as persoas que me coñecedes, non é un segredo a miña proximidade con Podemos, sobre todo dende decembro de 2018, cando formei parte do equipo de Pablo Iglesias nas primarias para elixir as candidatas que conformarían as listas nas seguintes eleccións xerais, e que tiven a honra de encabezar pola provincia de Ourense no proxecto EN COMÚN – UNIDAS PODEMOS.

Hoxe quero ademais formar parte activamente de Podemos, por varias razón. A primeira, porque acredito no proxecto de partido, sen tutelas das entidades bancarias, no firme compromiso cos servizos públicos, a igualdade de oportunidades, os dereitos das traballadoras e das persoas en situación vulnerable. Pero fundamentalmente, porque acredito nas compañeiras e compañeiros que o forman, que con moita valentía, traballo e loita, levan anos procurando unha forma de facer política para as maiorías socias. Dalgún xeito, sinto unha débeda con Podemos, en cousas tan simples e importantes como que á miña irmá non lle subiron o aluguer, literalmente porque o goberno, de entón, non o deixou. Ou en cousas tan transcendentais como que se normalice o concepto de consentimento. A realidade é que a historia no Estado español mudou grazas a Podemos e as persoas que o formaron e nomeadamente, grazas a Pablo Iglesias. Rematouse cun bipartidismo turnista que cernaba a capacidade de cambio das políticas que pretendíamos as persoas comúns. Neste momento, onde a valentía de Ione Belarra, Irene Montero o noso Secretario Xeral de Podemos Galicia, Borja San Ramón, vive un momento difícil, as persoas que temos algo que aportar humildemente, debemos facelo. Debemos acompañalas e debemos arroupalas. Fronte as máis de 20 causas abertas e pechadas pola súa inocencia, estamos as compañeiras. Fronte as acusacións culpables e os silencios cómplices, estamos as compañeiras. Fronte ao «es demasiado burdo, voy con ello», estamos as compañeiras. Fronte aos vetos e as exclusións, estamos as compañeiras. As xentes humildes e traballadoras temos moito que facer e que dicir.

Dende hoxe eu fágoo en Podemos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario