Os Bombeiros de Cee, pese a estar en servizos mínimos, atenderon tres emerxencias

por Óscar de Souto

Os bombeiros de Cee no seu Facebook escribiron o traballo realizado hoxe. O espiritu de sacrificio, a pesar do que están a vivir, amosan en todo momento a súa profesionalidade de servizo ao ben común dos cidadanos.

«Despois de que o Parque de Bombeiros de Cee permanecese PECHADO 48 HORAS, e esta mañá abrise con unha quenda de 3 efectivos, para cumprir os Servizos Mínimos, desgraciadamente ao longo do día producíronse (ata o momento) 3 emerxencias, nas que cabe lamentar o falecemento dunha persoa ao envorcar un camión que estaba descargando.»

Xenial o Xerente e os Políticos que viven da sorte e non da xestión dos Parques Comarcais de Bombeiros.

Somos os menos queridos por estes dirixentes e somos menosprezados.

Somos os profesionais que atendemos a poboación nas súas desgrazas e vostedes veciños os números da ruleta rusa a que nos teñen a todos sometidos.

O noso máis sentido pésame a familia do falecido, a mellor recuperación as outras tres vítimas doutro accidente con unha en estado grave, e lamentar os danos que un incendio provoca.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario