Segundo informa o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo, presidido por José Tomé Roca, dos tres efectivos previstos no cuadrante deste sábado no Parque de Bombeiros de Monforte de Lemos, un deles non se presentou ao seu posto de traballo sen presentar xustificación, incumpríndose así os servizos mínimos.
Ante esta situación, o Consorcio viuse na obriga de deixar sen servizo o parque monfortino ata mañá, ás 9.00h, desprazando un dos efectivos ao de Sarria e outro ao de Vilalba. As posibles incidencias atenderanse dende Sarria e Chantada.