Unidas Podemos Laxe votou en contra do acordo que o grupo de goberno do PP adoitou ca empresa Sondeos del Norte, S.A, fundamentalmente polo que respecta á considerable merma de previsión de solo para vivenda protexida.
Neste acordo, aprobado na sesión plenaria do 30/11/2023, establécese destinar a porcentaxe, mínima para os Concellos de Galicia, de un 6.42 % no ano 2022, cando a Laxe lle correspondería un 30% segundo o Regulamento que desenvolve a Lei do Solo de Galicia e tal como recolle o Plan Parcial do S. UBLE 1, aprobado en maio de 2021 en sesión plenaria sen ningún voto en contra.
En termos de superficie, con este acordo, destinaranse aproximadamente 337 m2 de solo a vivenda protexida cando correspondería destinar ao redor de 1532 m2. Máis ou menos, pasaríase de 6 vivendas a 30 vivendas protexidas.
Tendo en conta, o prezo de venda de vivenda en Laxe o mes pasado, estamos a falar dunha diferenza de aproximadamente 3.000.000 de euros o que semella un negocio redondo para Sondeos del Norte S.A.
Unidas Podemos Laxe considera que é necesario levar a cabo políticas para proveer a Laxe de vivenda protexida, tendo en conta o enorme crecemento de vivenda turística en Laxe, que se quintuplicou nos últimos 5 anos e a escasa oferta de aluguer para vivenda residencial, cun notable encarecemento do seu prezo; deixando aos colectivos máis vulnerables sen posibilidade de acceder a unha vivenda digna. Así mesmo, considera que esta merma de solo destinada a vivenda protexida, ven a dificultar o asentamento da poboación no noso Concello.