Elena Candia. «Os orzamentos para o ano 2024 crecen de forma desmedida no gasto e que, por cada 100 euros, unicamente 8 son destinados a investimentos»

por Redacción Lugo

O Grupo Municipal do PP recibe a documentación do orzamento municipal para o ano 2024 a menos de 48 horas da comisión de contas, que dará traslado ao pleno da documentación para a súa aprobación.

A voceira do Grupo Popular, Elena Candia, participou esta mañá no Consello económico e social no que se deu conta do proxecto de orzamentos para o ano 2024. Unhas contas que amosan unha situación preocupante que obriga a concertar unha operación de endebedamento por importe de 13,5 millons de euros pola inexistencia de recursos propios suficientes para afrontar os gasto

·         Os investimentos previstos amosan unha pírrica inversión, cunhas deficientes partidas para servicios básicos como son o saneamento ou o abastecemento, que ademais de escasos ignoran a unha gran parte do territorio do municipio.

·        O proxecto de orzamento presentado no día de hoxe non recolle as advertencias realizadas pola intervención xeral no seu informe e que xa advirte do curto período de tempo para o estudo da documentación, da falta de estudos económicos adaptados ás circunstancias actuais de prestación de servizos ou a que o aforro neto resulta minguado e insuficiente en determinados tipos de ingreso, con importes que puideran pecar de excesivamente optimistas.

·        O gasto corrente medra sen contención facendo que a administración local sexa refén da recadación por vía das multas e das inspeccións, única vía que o goberno local atopa para acadar a cobertura deste tipo de gasto.

·        A colaboración de outras administracións establécese como unha pedra angular para a execución orzamentaria.

·        As advertencias realizadas nos diferentes informes ou a falta de documentación como o plan cuadrienal de investimentos denotan a falta de rigor e o traballo contrareloxo levado a cabo polo goberno municipa

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario