Os usuarios da residencia das Gándaras tiveron hoxe a oportunidade de entrevistar a Carmen Lence, CEO do grupo Lence, ao que pertencen algunhas das firmas lucenses de maior proxección como Leite Río
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu ao acto, que se enmarca no ciclo de encontros que organiza a Consellería de Política Social no centro con personalidades de distintos ámbitos. Os primeiros entrevistados desta edición foron o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. Tamén está confirmada a presenza este venres de María Jesús Pérez Taboada, directora de Enfermería da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
A iniciativa continuará nas vindeiras datas coa participación de máis persoas dos eidos do deporte, da cultura, da sanidade e do tecido empresarial da cidade. O obxectivo é dinamizar a residencia e axudar aos usuarios a levar unha vida activa e participativa.