O Grupo Socialista leva á Comisión de Sanidade 78 preguntas que “a Xunta se negou a contestar por escrito dende hai 3 anos”

por Redacción Galicia

Julio Torrado denuncia o “intento de burla e pisoteo ao Parlamento” por parte do goberno galego, e lembra que a Xunta ten a obriga legal de responder en 20 días hábiles

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, forzou a presentación na Comisión de Sanidade un total de 78 preguntas que a Xunta se negou a contestalas, algunha delas dende hai 3 anos. O responsable socialista denunciou un “novo intento de burla e pisoteo ao Parlamento” xa que lembra que o goberno galego ten a obriga legal de responder en 20 días.

Torrado advertiu que “non lles imos deixar pisotear o Parlamento” cunha actitude “simplemente indecente”, antes de criticar a “insoportable falla de respecto pola institución e polas persoas ás que representamos” e o que considera un “intento de humillar ao que lles discute”.

As preguntas presentadas hoxe, sinalou, apuntan a cuestións fundamentais no eido sanitario, como as necesidades e previsións sobre o futuro da atención primaria ou a calidade da contratación de profesionais sanitarios. Tamén pregunta pola situación do centro hospitalario de Conxo e as denuncias do Defensor del Pueblo ou a situación da saúde mental e a proxección de unidades de hospitalización infanto – xuvenil.

O parlamentario socialista pregunta tamén polo volume de camas UCI existentes en Galicia ante posibles necesidades, ou a posibilidade de fortalecer unidades de oncoloxía para superar os déficits de diagnóstico que sinalan os profesionais que sucederon durante a pandemia.

O goberno galego levaba meses e incluso anos bloqueando estas preguntas presentadas por escrito ao negarse a responder, cando o Regulamento fixa un prazo de 20 días hábiles para enviar unha resposta. Unha vez que pasa este prazo, os deputados e deputadas teñen a posibilidade de recualificar as preguntas e presentalas de forma oral na Comisión, que é o que fixo o viceportavoz do Grupo Socialista na sesión de hoxe.

Torrado puxo como exemplo a primeira pregunta de hoxe, sobre eutanasia e morte digna, que dende que foi presentada foi aprobada e entrou en vigor unha nova lexislación no Estado sobre este asunto, sen que a Xunta tivera a ben responder. A pregunta foi presentada en decembro de 2020, “cando había a pandemia, Casado era presidente do PP, Rusia non invadira Ucraína e Feijóo era presidente da Xunta e en Madrid aínda crían que era un moderado”.

Lembrou que xa fixera o mesmo en xaneiro de 2021 con outras 17 preguntas, e daquela a Consellería fixera propósito de emenda recoñecendo que non fixera ben e asumira o compromiso a mellorar, pero pasaron dous anos e non responderon “nin ás preguntas que tiñan pendentes naquel momento”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario