Así o explicaron a Directora Xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e a portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo, durante unha reunión informativa dentro do #EspazoAbertoPopular.
- Amigo subliñou durante a súa intervención que «o Goberno galego cre na sanidade pública e aposta cada día pola súa mellora constante para acadar a excelencia, pensando nos doentes e na saúde dos galegos» e para iso «dirixe cada ano máis prestacións e mellores recursos»
- A presidenta da Comisión de Sanidade do PP lucense e portavoz de Sanidade do Grupo Popular no Parlamento de Galicia incidiu en que «a saúde pública ten un peso importante nos orzamentos da consellería de Sanidade para 2024»
- A Xunta está a apostar de forma decidida pola prevención e a detección precoz a través de vacinas e cribados duplicando o investimento nestes programas nos últimos anos