Os populares lamentan as descalificacións continuas ás iniciativas que presenta a oposición e din que o goberno local «continúa facéndose trampas ao solitario»
Elena Candia afirmou que: «Estes orzamentos carecen de estabilidade orzamentaria, incumpren a regra de gasto, e os investimentos que prometen so poderán realizarse se materializan un crédito de 13,5 M€».
Bótanse en falta estudos de custes dos servizos e son e excesivamente optimistas, tal e como indica o informe de intervención inflando ingresos para que lles cadren as contas.
Non están pensados nin para as persoas, nin nos seres vivos e cando din que son expansivos o único que medra é o credito e a recadación en multas.
Os 121 M€ dos orzamentos dos que vai dispoñer o goberno local, é unha cantidade importante e temos a responsabilidade de obrigalos a que os empreguen ben porque saen dos petos dos lucenses, e por iso presentamos nun tempo record 10 emendas para mellorarlos.
Lamentamos que rexeiten as nosas achegas despanchándoas cun «non é prioritario» na pasada Comisión de contas e bloqueándonos, deste xeito, a posibilidade de debatilas en pleno.
A voceira popular referiuse na súa intervención ao pouco tempo que tiveron para estudar os documentos dos orzamentos e dixo estar preocupada porque as contas que presentan «escapan da fiscalización dos propios servizos municipais» tal e como se desprende do informe do interventor no que indica que «tendo en conta o escaso periodo de tempo transcurrido limitaronse a unha verificación formal e a análises elementarias».
A popular recriminou que socialistas e nacionalistas dilapidaran os remanentes de tesourería e que reserven partidas para determinadas cuestións mentres non hai recursos para outras necesidades que si reclama a cidadanía.
Tamén indicou que están incumprindo todas as advertencias ao incrementar os gastos para o reparto de parcelitas de cada partido «son uns orzamentos que obecen aos pactos ocultos entre socialistas e nacionalistas».